O xuíz permite a Anagrama publicar o libro sobre o crime de José Bretón
A nai dos menores pediu que se parase a publicación pola posible vulneración do dereito á honra, á intimidade e, no seu caso, á propia imaxe dos menores

Un xuíz de Barcelona desestimou as medidas cautelares solicitadas pola Fiscalía de Menores de Barcelona para paralizar a publicación do libro 'O odio', sobre o crime de José Breton, condenado polo asasinato dos seus dous fillos en Córdoba en 2011.
O maxistrado autoriza así á editorial Anagrama a súa difusión.
O xulgado de Primeira Instancia número 39 de Barcelona resolveu nun auto denegar a medida solicitada pola Fiscalía para suspender de maneira provisional a publicación e distribución do libro ata que non resolva sobre o fondo do asunto, unha vez examinado o contido da obra.
O ministerio público solicitara estas medidas cautelares ante a posible vulneración do dereito á honra, á intimidade e, no seu caso, á propia imaxe dos menores, despois de que a nai dos dous nenos asasinados pedise amparo á xustiza para evitar a publicación deste libro, que en principio estaba prevista para o mércores 26 de marzo.