O xuíz procesa a Luis Medina e Alberto Luceño polo caso das máscaras
O xuíz procesa a Luis Medina e Alberto Luceño polo caso das máscaras
Ve indicios dunha presunta estafa ao Concello de Madrid na compravenda de material sanitario subindo os prezos para obter "elevadas comisións"
O xuíz de Madrid que investiga o chamado caso das máscaras propuxo xulgar os empresarios Luis Medina e Alberto Luceño pola presunta estafa ao Concello de Madrid nunha operativa de compravenda de material sanitario no "peor momento da pandemia" subindo os prezos para obter "elevadas comisións".
O titular do Xugado de Instrución número 47 de Madrid puxo fin a esta investigación e acordou o procesamento do aristócrata Luis Medina, fillo de Naty Abascal e do duque de Feria, por un delito de estafa agravada e outro de falsidade en documento mercantil. A Alberto Luceño propón xulgalo, ademais de por estes delitos, por outro de falsidade de documento público e por delito fiscal agravado.
O maxistrado non viu indicios dun delito de branqueo polo que estaban investigados, segundo o auto, contra o que cabe recurso. O xuíz sostén que ambos agocharon ao Concello a súa "nula experiencia en temas de material sanitario" e tamén "o incremento dos prezos dos contratos" de máscaras, luvas e test nun 60, 81 e 71 % respectivamente, "a causa das elevadas comisións que levaron".