Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuízo pola morte do coruñés Diego Bello comeza o 11 de outubro

O xuízo pola morte do coruñés Diego Bello comeza o 11 de outubro

Vanse xulgar os membros da Policía Nacional filipina acusados do asasinato do mozo 

G24.gal 28/09/2023 17:03

O xuízo polo asasinato do mozo coruñés Diego Bello comezará o 11 de outubro en Manila, Filipinas. Vanse xulgar os membros da Policía Nacional filipina acusados do asasinato de Diego en xaneiro de 2020. 

O fiscal acusa os axentes dun delito de asasinato e outro de manipulación da escena do crime. Diego Bello foi abatido a tiros, supostamente, polos axentes filipinos. Segundo o informe policial, Bello estaba considerado o narcotraficante número 1 da illa. As investigacións posteriores  demostraron que non era así e que a operación policial foi unha montaxe cuxo único obxectivo era o asasinato do mozo coruñés.

Francisco Lafuente, tío da vítima e portavoz da familia, afirmou que “despois de tres anos e medio de loita para conseguir xustiza para o noso querido Diego, vemos máis próximo conseguilo grazas ao traballo de moita xente". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade