Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuízo polo triplo crime de Valga será a porta pechada

O xuízo polo triplo crime de Valga será a porta pechada

A Fiscalía solicitou que a vista non sexa pública para preservar a integridade dos dous nenos, fillos, netos e sobriños das tres vítimas, e que presenciaron os asasinatos cometidos e confesados polo seu pai

Esta mañá constituíuse o xurado e este martes está previsto que se retome coa declaración do acusado e as primeiras testemuñas

EFE 06/03/2023 14:44 Última actualización 06/03/2023 20:17

José Luis Abet chegou este luns á Audiencia de Pontevedra, esposado e co rostro descuberto, para o xuízo no que deberá responder polos asasinatos en 2019 da súa exmuller, exsogra e excuñada. Pero a sesión non comezou como estaba previsto, o fiscal pediu que fose a porta pechada para preservar a integridade psíquica e moral dos menores, e todas as partes se adheriron á petición, que o xuíz concedeu.

Trátase dos dous nenos, fillos, netos e sobriños das tres vítimas deste triplo crime, que presenciaron os asasinatos cometidos e confesados por seu pai, José Luis Abet. Tiñan daquela 7 e 4 anos de idade.

Deste xeito, este luns tan só se formou o xurado popular. A vista oral debía dar comezo despois co testemuño do único procesado, pero ao ter que analizarse a solicitude da Fiscalía ese inicio demorou e os testemuños quedaron para este martes.

Segundo o calendario facilitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, á declaración do acusado seguirán as de once testemuños clave, entre eles o do fillo maior da parella.

José Luis Abet, que confesou os crimes cando foi detido, será xulgado por tres delitos de asasinato, un delito de tenencia ilícita de armas e dous delitos de lesións psíquicas graves.

A Fiscalía solicita que se lle impoña a pena de prisión permanente revisable polos tres asasinatos, os do súa exmuller, Sandra Boquete Jamardo (de 39 anos); a súa excuñada, Alba (27); e a súa exsogra, Elena Jamardo (58), ás que supostamente matou a tiros.

Ademais, esixe que se lle impoña a prohibición de residir e acudir ao termo municipal de Valga durante 35 anos e a perda definitiva da patria potestade dos seus dous fillos.

Pola teneza ilícita de armas, o fiscal engade á súa petición de condena tres anos de prisión e seis anos de privación do dereito á tenencia e porte de armas e polas lesións psíquicas, a pena que pide é de dez anos de prisión, cinco por cada delito.

En concepto de responsabilidade civil, o ministerio público reclama que o acusado indemnice o seu exsogro con 475.000 euros pola perda da súa esposa e as súas fillas e a cada un dos seus fillos con 341.000 euros pola perda da súa nai, a súa avoa e a súa tía.

Tamén pide para a avoa da súa exmuller 340.000 euros pola perda da súa filla e as súas netas; para a parella de Alba Boquete, 110.000 euros, e para cada un dos tíos avós da súa ex, 70.000 euros.

A defensa de José Luis Abet, pola súa banda, pide a súa absolución ou, subsidiariamente, que se lle condene por tres delitos de homicidio -en lugar de asasinato-, dous delitos de lesións psíquicas e un de tenencia ilícita de armas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade