Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xulgado declara falecidos os 12 desaparecidos do Villa de Pitanxo

O xulgado declara falecidos os 12 desaparecidos do Villa de Pitanxo

Os familiares terán un acceso máis rápido ás prestacións que lles corresponden

G24.gal 01/03/2022 18:32

Familiares dos doce mariñeiros desaparecidos no naufraxio do arrastreiro Villa de Pitanxo informaron de que o Xulgado de Instrución número 2 de Vigo decretou o falecemento das persoas cuxos corpos non foron atopados tras a traxedia.

O xulgado aínda non o notificou oficialmente, pero o auto está xa asinado, segundo dixo María José de Pazo, filla de Francisco de Pazo, o xefe de máquinas do pesqueiro afundido en augas de Terra Nova.

 A Fiscalía de Pontevedra abriu de oficio dilixencias co obxectivo de axilizar a declaración de falecemento dos doce desparecidos no naufraxio, para que non fora necesario agardar os 90 días que marca o Código Civil.

A declaración de falecemento é necesaria para realizar diversos trámites entre os que están a xestión das pensións de viudedade ou orfandada ou para os procesos hereditarios.

O Villa de Pitanxo naufragou durante a madrugada do 15 de febreiro en augas canadenses con 24 mariñeiros a bordo, dos que só sobreviviron tres. Foron recuperados os cadáveres de nove tripulantes, os doce restantes continúan desaparecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade