Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xulgado permite que se retome a derruba das torres do Garañón, en Lugo

O xulgado permite que se retome a derruba das torres do Garañón, en Lugo

A empresa concesionaria ten ata finais de agosto para devolver a parcela ao seu estado orixinal

G24.gal 25/04/2023 18:01

Apenas unhas horas estiveron paralizados por orde xudicial os traballos iniciados polo Concello de Lugo para demoler as polémicas torres do Garañón, sobre as que pesa unha sentenza firme que obriga á súa derruba.

Na mañá deste martes, por mor dun recurso presentado polo promotor dos edificios, o xulgado ordenou paralizar a roza da parcela, paso previo á entrada de máquinas e operarios no soar para comezar a demolición.

Con todo, só unhas horas despois, o Xulgado do Contencioso Administrativo desestimaba as medidas cautelares solicitadas polo promotor no seu recurso á espera de que haxa unha resolución sobre a responsabilidade patrimonial.

No seu momento, o xulgado xa desestimara a paralización cautelar da derruba de ambas torres solicitada polo Banco Santander, principal acredor do promotor da mesmas.

A empresa concesionaria pode renovar os traballos. Dispón de prazo ata finais de agosto para derrubar as torres e devolver a parcela ao seu estado orixinal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade