Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obras na liña de tren entre Ourense e Vigo para evitar máis desprendementos

Obras na liña de tren entre Ourense e Vigo para evitar máis desprendementos

Segundo Adif, a modernización da liña que une Ourense e Vigo non estará rematada nesta década

G24.gal 30/04/2024 13:58

Adif vai consolidar os noiros na liña de tren entre Ourense e Vigo polos continuos desprendementos. Os usuarios quéixanse da mala comunicación entre estas dúas cidades, cun tren rexional que tarda dúas horas ou outro que pasa antes por Santiago que tarda unha hora e media. 

Ante o risco de colapso da liña de tren entre Ourense e Vigo tras sucesivos desprendementos, o Adif acometerá por vía de urxencia a consolidación de noiros para evitar novos incidentes.

Os usuarios quéixanse de que estas dúas cidades de Galicia estean, din, tan mal comunicadas.

A modernización da liña que une Ourense e Vigo está prevista, pero as obras, que permitirán acurtar tempos, non estarán rematadas, segundo as previsións do Adif, nesta década.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade