Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obrigan o Estado a indemnizar dous motoristas por un accidente nunhas fochancas da A-52

Obrigan o Estado a indemnizar dous motoristas por un accidente nunhas fochancas da A-52

O Ministerio de Transportes terá que pagar 26.000 euros ás vítimas pola mala conservación da vía

Os usuarios da Autovía das Rías Baixas levan tempo denunciando a deterioración do firme

G24.gal 19/02/2024 14:10

A Sala do Contencioso da Audiencia Nacional obriga o Estado a indemnizar dous motoristas que tiveron un accidente na A-52 provocado, en parte, segundo o xuíz, polas fochancas. O mal estado do firme é unha denuncia que levan anos facendo os usuarios desta autovía.

No km 186 da autovía das Rías Baixas, en Trasmiras, a moto caeu despois de atravesar unhas fochancas. Os dous ocupantes quedaron feridos. O xuíz atribúe parte da culpa ao condutor por non prestar atención, e nun 25 por cento ao Ministerio de Transportes pola mala conservación da vía e terá que indemnizar as vítimas con 26.000 euros.

Seis anos despois, o firme segue estando moi deteriorado con fochancas, fendas e parches.
Os condutores máis afectados, os transportistas, piden unha solución a longo prazo, non remendos.

O Ministerio de Transportes anunciou este luns a mellora da A-52 entre A Cañiza e Cualedro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade