Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector hoteleiro agarda unha ocupación do 75 % nas Rías Baixas

O sector hoteleiro agarda unha ocupación do 75 % nas Rías Baixas

O sector agarda que os mellores días sexan o xoves e o venres santos

G24.gal 02/04/2023 14:22 Última actualización 02/04/2023 15:04

As perspectivas de ocupación turística nas Rías Baixas roldan o 75 %. O sector agarda que os días mellores sexan o xoves e o venres santo e os rexistros mellores estanse a dar nas localidades máis turísticas, como Sanxenxo.

As illas Cíes seguen sendo o gran reclamo na cidade de Vigo, nas colas de acceso aos barcos atopamos persoas de todo o mundo. Pero aínda hai pasaxes dispoñibles para estas vacacións desde varios portos galegos desde Vigo ata  Portonovo.

Coma en todas as tempadas vacacionais en Galicia, a ocupación está moi vencellada ás condicións meteorolóxicas, que inicialmente se prevén bastante favorables en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade