Baixan os prezos do peixe e dos mariscos
Baixan os prezos do peixe e dos mariscos
Algunhas especies baixan os prezos máis da metade con relación ao Nadal
Din que a mellor época do ano para o peixe é agora. "Sempre dicimos que o mellor momento é o verán, pero para o peixe azul. Para o resto é agora".
E isto nótase nos mercados.
"Robaliza, a 20; meigas, a 10; o rodaballo, a 30 euros, fronte aos 46 do Nadal. "O polbo hai dous meses chegaba aos vinte euros e hoxe temos dende 11 euros ata 14-15 polbos de 12 quilos", comentan.
Baixadas de prezo que tampouco pasan desapercibidas para os clientes.
"Agora mesmo o que está mellor é o linguado, e eu xa o paguei a corenta no Nadal". "Está ben o prezo e hai bastante onde elixir", din os consumidores.
E a baixada tamén se aplica ao prezo do marisco.
"Máis da metade, o percebe ten bo prezo, dende 50 euros en diante, e tamén cigala e centola".
Cantidade, variedade e calidade que promete deixarnos coa boca aberta.