Cargando resultados...
Ofrenda floral en Ferrol para lembrar a Xosé Couso, reporteiro asasinado en 2003 na guerra de Iraq
Ofrenda floral en Ferrol para lembrar a Xosé Couso, reporteiro asasinado en 2003 na guerra de Iraq
G24.gal
09/04/2022 15:05
Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia, Esquerda Unida recuperou a súa homenaxe anual ao cámara ferrolán Xosé Couso, asasinado en 2003 mentres cubría a guerra de Iraq.
Familiares de Couso asistiron á ofrenda floral na praza da Paz, no barrio de Esteiro. Os asistentes volveron esixir a implicación do Goberno e das institucións encargadas de investigar a morte de Xosé Couso para facer xustiza.
Esquerda Unida lembrou a Xosé Couso como exemplo de dignidade e pediu que non queden impunes asasinatos coma o del, cometido cando exercía a liberdade de prensa e de información.