Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oito centros galegos optan ao Premio Stephen Hawking de investigación científica

Oito centros galegos optan ao Premio Stephen Hawking de investigación científica

O IES Rosalía de Castro de Santiago valora os 40 traballos presentados e esta tarde dará a coñecer o gañador

A paleontóloga galega María Martinón preside o xurado: "Hai futuro para o homo sapiens, e está en mozos coma estes"

G24.gal 24/03/2023 14:40

Esta tarde darase a coñecer o gañador do quinto premio Stephen Hawking de Investigación Científica, que convoca o Instituto Rosalía de Castro, de Santiago. Oito centros galegos de secundaria presentaron 40 traballos, principalmente de bioloxía, química e matemáticas.

As 41 alumnas e 22 alumnos participantes expoñen hoxe as súas propostas ante o xurado, que está presidido por María Martinón, directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana. A paleontóloga galega destacaba a variedade e calidade dos proxectos presentados. 

"Cóbrense todos os aspectos cun nivel moi importante de contido, pero sobre todo eu destacaría o nivel das preguntas. Esa capacidade de formularse formas novas de interrogar a realidade e o mundo que os rodea. Eu resumiríao en que hai un futuro para o homo sapiens, e está en mozos como estes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade