Publicador de contidos
Publicador de contidos

Olelas, a aldea de Entrimo que garantiu a supervivencia dunha raza única

Olelas, a aldea de Entrimo que garantiu a supervivencia dunha raza única

A calidade da súa carne converteuna nun produto gourmet

G24.gal 28/06/2023 15:21

Co seu reducido tamaño e a súa gran cornamenta, a cachena é unha raza bovina única no mundo. A súa dureza fai que só ela sexa quen de habitar os rochosos montes do Xurés.

Tradicionalmente empregábase para traballar pero a emigración e a chegada doutras razas máis rendibles en canto a carne levouna case a extinción a finais do século pasado. Tan só quedaron exemplares na aldea de Olelas, en Entrimo.

Da man do Centro de Recursos Zooxeténicos de Galicia e coa axuda de subvencións, catro veciños, entre eles Albertina, apostaron pala súa cría. Ela comezou con catro exemplares. Hoxe a explotación, coa que seguen os seus fillos, ten máis de 200. 

A calidade da súa carne converteuna nun produto gourmet cada vez máis demandado. En tan só dúas décadas pasouse dunha vintena de gandaría ata máis de 150, unha ducia delas fóra de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade