Cargando resultados...
Once anos sen noticias de Elías Carrera
Once anos sen noticias de Elías Carrera
A familia do taxista desaparecido en Ourense en 2013 non perde a esperanza de atopalo
G24.gal
17/07/2024 13:24
Foi un 17 de xullo de 2013 cando a familia de Elías Carrera, un taxista de Ourense de 61 anos, o viu por última vez. Xantou coa súa muller e as súas fillas e despois marchou. Segundo puideron comprobar despois, alugou un coche na estación de tren da cidade da Burgas e trasladouse a Vigo. Alí pérdeselle a pista.
Durante máis dunha década buscárono por todo o país e mesmo en Portugal. Co paso dos anos as chamadas con posibles novidades foron a menos. Queren que non se esqueza o caso, por iso piden a colaboración cidadá para saber que lle aconteceu. Non perden a esperanza de reencontrarse con el.