Publicador de contidos

Publicador de contidos

Once detidos en Cáceres por producir e distribuír cocaína facéndose pasar por pintores

Once detidos en Cáceres por producir e distribuír cocaína facéndose pasar por pintores

Os detidos, vestidos con monos de traballo, distribuían a droga en botes de pintura

A tapadeira do negocio era a cría de galos de pelexa e cans de caza

G24.gal 22/03/2025 10:01 Última actualización 22/03/2025 12:17

A Policía Nacional desmantelou en Cáceres un laboratorio de produción de cocaína que posteriormente distribuían en botes de pinturas.

Os once detidos pertencen a un clan familiar que traballaba as 24 horas do día, os sete días da semana no laboratorio. Nunha quenda normal podían chegar a producir cen quilos de cocaína. Despois disfrazábanse de pintores, cos monos con manchas de pintura e camuflaban a droga en palés cheos de botes para distribuíla en camións.

A Policía informa de que entre os detidos están cinco cabeciñas e cinco cociñeiros "fichados" en Colombia pola súa alta especialización. Tamén está detido un "augador", que no argot da Policía é a persoa que avisa de calquera presenza sospeitosa.

A investigación comezou a principios deste ano cando a Policía tivo coñecemento de que se asentara en Cáceres un clan familiar para instalar un laboratorio de producción de droga a grande escala, nun predio con grandes medidas de seguridade.

A investigación levou os axentes ata a localidade madrileña de Humanes. Desde alí dirixía a trama un matrimonio desde un bar que rexentaban.

Os detidos son todos de nacionalidade colombiana, agás un español e un venezolano.

No predio de Cáceres, a tapadeira era que se dedicaba á cría de galos de pelexa e cans de caza.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade