Cargando resultados...
Once feridos e 32 detidos nunha multitudinaria liorta entre feirantes en Madrid
Once feridos e 32 detidos nunha multitudinaria liorta entre feirantes en Madrid
O motivo da disputa podería ser a disposicións dos postos e as atraccións nunha feira que se ía celebrar xunto a un colexio
G24.gal
22/05/2024 12:57
Once persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade, nunha multitudinaria liorta rexistrada nas proximidades do estadio Santiago Bernabéu, en Madrid.
A Policía Nacional detivo 32 persoas pola súa presunta participación na liorta protagonizada por dúas familias de feirantes e en que se empregaron armas brancas. Outras 67 persoas foron identificadas polos axentes.
O motivo da disputa podería ser a disposicións dos postos e as atraccións nunha feira que se ía celebrar xunto a un colexio.