Buscan home de 69 anos desaparecido no porto de Betanzos
Buscan home de 69 anos desaparecido no porto de Betanzos
Os indicios apuntan a que caeu a auga porque o can co que paseaba quedou alí só agardando por el
En Betanzos activaron nas últimas horas un dispositivo de busca para dar cun veciño de 69 anos que falta da súa casa desde onte pola mañá. O home desapareceu arredor das 8:30 da maña. Ten 69 anos e os primeiros indicios apuntan a que acabou no río Mandeo, na zona do porto de Betanzos.
Todo fai indicar iso porque o can co que paseaba habitualmente permaneceu alí ata que foi localizado dúas horas despois.
As cámaras de seguridade do porto rexistraron a súa entrada, pero non a súa saída. A filla está segura de que por algún motivo estraño acabou na auga, onde o can o viu desaparecer.
Tras o dispositivo de busca iniciado onte por membros de Protección Civil coa súa lancha, esta mañá incorporouse o servizo marítimo, un helicóptero e tamén axentes do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil.