Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ortegal, un paso máis preto de converterse en xeoparque mundial

Ortegal, un paso máis preto de converterse en xeoparque mundial

O Comité Español de Cooperación coa Unesco apoiará a candidatura galega, que se fará oficial nos vindeiros días

G24.gal 17/11/2021 19:59

O Comité Español de Cooperación coa Unesco, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, apoiará a candidatura do Xeoparque de cabo Ortegal, que se fará oficial nos vindeiros días.

Os municipios integrados dentro do proxecto Xeoparque Cabo Ortegal están de parabén. Este martes a casa da Cultura de Valdoviño acolleu unha xuntanza de traballo dos concellos promotores do proxecto, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

O xeoparque será unha das dúas candidaturas propostas polo Estado, xunto con Costa Quebrada, en Cantabria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade