Cargando resultados...
Os 28 quilómetros da A-54 entre Palas de Rei e Arzúa levan seis anos en obras
Os 28 quilómetros da A-54 entre Palas de Rei e Arzúa levan seis anos en obras
Para viaxar desde Palas a Santiago hai que facelo pola estrada nacional
G24.gal
23/09/2023 18:17
Última actualización 23/09/2023 18:45
Da autovía A-54 que une Lugo con Santiago quedan 28 quilómetros por facer, os situados entre Palas de Rei e Melide e desde esta localidade a Arzúa. Pese a que as obras comezaron hai seis anos, están sen rematar.
A aparición de diversos xacementos que houbo que protexer e, máis recentemente, o desvío dun regato para facer un viaduto poden estar detrás desta demora.
No treito lucense a autovía A-54 remata en Palas de Rei. Continuar a Santiago esixe facelo pola estrada nacional.
O atraso na execución das obras pode repercutir á hora de abrir os treitos que faltan desta autovía, inicialmente comprometidos para estar listos o vindeiro ano.