Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os administradores de inmobles de Galicia recomendan ás comunidades de veciños adoptar medidas para aforrar auga nas piscinas

Os administradores de inmobles de Galicia recomendan ás comunidades de veciños adoptar medidas para aforrar auga nas piscinas

Con dispositivos eficientes pódense reducir os gastos ata un 40 %

G24.gal 22/05/2023 14:32 Última actualización 22/05/2023 14:41

En previsión de que se repita un verán seco, como o do ano pasado, os administradores de inmobles recomendan ás comunidades de veciños que sexan previsores e instalen nas piscinas sistemas de reciclaxe e recuperación de auga, para evitar problemas ante hipotéticas restricións nas redes de subministración.

O Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia recomenda ás comunidades de veciños que adopten medidas para o aforro de auga. Tales como o uso de novos materiais para os filtrados e para os sistemas de desinfección.

Félix Galocha, vicepresidente terceiro do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, di que as comunidades están a ser moi receptivas porque maiormente trátase de cambiar os productos de filtrado e desinfección por outros máis eficientes que lle evita, ademais, recambio na auga da piscina.

É moi recomendable tamén o uso de robots limpadores, que almacenan os residuos mellor que os sistemas de filtrado e prolongan a vida útil da auga. A instalación de reciclaxe e recuperación de auga garante o uso da piscina todo o verán e conservar a auga dun ano para outro.  

Luciano García, xerente dunha empresa de instalacións deportivas, di que está comprobado que en un ou dous anos, coa instalación de dispositivos eficientes, unha comunidade de veciños pode reducir os gastos nun 40 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade