Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Administradores denuncian que hai pisos para estudantes que non cumpren as condicións mínimas de habitabilidade

Os Administradores denuncian que hai pisos para estudantes que non cumpren as condicións mínimas de habitabilidade

Pódense considerar non aptos para ser habitados os pisos que teñan graves danos ou humidades insalubres

Recomendan aos mozos pedir o certificado enerxético e a xustificación do depósito da fianza no Instituto Galego de Vivenda e Solo 

G24.gal 07/07/2023 11:06

O Colexio Oficial de Administradores de Fincaas de Galicia, COAFGA, alerta de que moitos dos inmobles que se alugan en Galicia a estudantes universitarios non reúnen as condicións adecuadas para habitar neles e teñen un prezo moi elevado.

Os administradores lembran que os pisos en alugueiro deben ser aptos para o seu uso e reunir unhas condicións mínimas de habitabilidade. Ademais, deben dispoñer de instalacións seguras e actualizadas de gas, electricidade e auga.

Pódense considerar non aptos para ser habitados os pisos que teñan graves danos ou humidades insalubres, características que presentan algúns inmobles que están no mercado de alugueiro, segundo manifestaron algúns colexiados que exercen a súa actividade en Santiago de Compostela.

O COAFGA sinala que os estudantes teñen fama de ser pouco coidadosos, pero:

"Gozan dos mesmos dereitos que calquera arrendatario e nada xustifica que os pisos que se alugan a este colectivo non cumpran os requisitos mínimos de habitabilidade, como ter humidades, descunchados, electrodomésticos con funcionamento deficiente e, mesmo, mobles rotos".

Tamén indican que as fianzas que se piden para arrendar son precisamente para a reparación dos danos que se puidesen producir durante o tempo que o inmoble está alugado e agregan que tamén se pode esixir outras garantías de pago para asegurar reparacións na cobranza de rendas.

Ante iso, os administradores recomendan aos mozos e mozas que coa firma do contrato de alugueiro esixan o certificado enerxético da vivenda e, despois de asinado, o xustificante de depositar a fianza no Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Por último, lembraron que non se poden facer festas nocturnas que molesten a comunidade de propietarios e os veciños do edificio e lanzaron unha serie de recomendacións para axudar aos estudantes que buscan piso.

Entre elas, comparar os prezos e cambiar no momento en que atopen algo mellor, para o que avogan por "tomar o seu tempo".

Tamén lembran que "as gangas non existen", que non se debe pagar por ver unha vivenda e que non se debe alugar sen antes ver o piso.

Ademais, entre outras cuestións, recomendan incluír a todos os estudantes en contrato e ter a documentación a man.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade