Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os afectados do incendio de Vigo recolleron útiles do inmoble

Os afectados do incendio de Vigo recolleron útiles do inmoble

O edificio continúa precintado

G24.gal 12/10/2023 14:08

O edificio continúa precintado e nas inmediacións da rúa Alfonso X o Sabio seguen achegándose curiosos, familiares e os propios habitantes do inmoble que puideron acceder ás súas vivendas acompañados por axentes da policía local, recollían algúns enseres persoais e vían como quedaron as que foron as súas casas. Pregúntanse por que o incendio foi tan rápido e letal.

Ningún dos máis próximos ao suceso quere facer declaracións. Algúns veciños escoitaron as sirenas dos equipos de emerxencias e mesmo notaron o cheiro a queimado.

A maioría da veciñanza sabía que o edifico estaba ocupado ilegalmente e tamén da constante presenza policial, aínda que algúns descoñecían os incidentes provocados por algúns dos ocupantes.

Todos tentan entender como e  que ocorreu para que o incendio rematase de xeito tan devastador e con tan tráxicas consecuencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade