Os alugueiros de verán dispáranse en Galicia por riba dos mil euros á semana
Os alugueiros de verán dispáranse en Galicia por riba dos mil euros á semana
Os prezos subiron un 14 % respecto ao pasado ano
Os máis caros están na Toxa e os máis baratos na Mariña
Os alugueiros de verán en Galicia son este ano un 14 % máis caros ca o ano pasado. De media alugar unha vivenda na costa supera os mil euros á semana de media (1.080) nas zonas máis turísticas.
Segundo datos dun informe do Grupo Tecnitasa, esta escalada de prezos na costa galega nótase especialmente dende a pandemia. O estudo tamén determina que a suba no resto de España foi do 10 %.
Iso si, falamos de prezos medios porque o rango é moi amplo dependendo do lugar. Os alugueiros máis caros están na Toxa, onde se pagan en agosto ata 2.900 euros semanais, case 4 veces máis ca os 750 que piden, por exemplo, en Portosín.
Os prezos semanais máis baixos son os da Mariña de Lugo. Alí atopamos alugueiros de 550 euros á semana en Burela ou O Vicedo.