Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os alumnos coas mellores notas da ABAU reciben o recoñecemento das autoridades educativas

Os alumnos coas mellores notas da ABAU reciben o recoñecemento das autoridades educativas

Dos 1.086 que sacaron máis dun 9 de nota, o 66 % son mulleres

G24.gal 21/06/2024 14:37 Última actualización 21/06/2024 18:04

Cunha chiscadela coa que lembraron que Galicia é unha das primeiras comunidades en ofrecer estudos de intelixencia artificial comezaba o acto da MEGABAU. Mega, porque son 1.086 alumnos e os seus familiares os que hoxe encheron o Coliseum da Coruña. Todos os alumnos con máis dun nove. No acto, o conselleiro e os reitores expresaron a convicción de que unha gran maioría optará polo sistema universitario galego. 

"Esperamos que a inmensa maioría destes alumnos queden estudar aquí porque van formar parte do noso futuro", declarou Román Rodríguez, Conselleiro de Educación.

"Na Universidade da Coruña estamos introducindo constantemente melloras nos nosos títulos, sobre todo para facelos máis atractivos e respondendo as necesidades do tecido produtivo", dixo Ricardo Cao, reitor da UDC.

"Temos en todo o sistema, nas tres universidades públicas galegas, unha oferta amplísima, máis de 180 graos e dobres graos", explicou Antonio López, o Reitor da USC.

Dos 1.086 con máis de 9 na ABAU, case mil son mulleres. Queren ser astrónomas, enxeñeiras aeroespaciais, investigadores médicos ou especialistas en intelixencia artificial. Algunhas das máis talentosas tamén van para artes 

"En todos os ámbitos hai xente moi boa, nas ciencias sociais, nos estudos xurídicos, e nas carreiras técnicas e científicas, por suposto. Pero si que é certo que as modas van mudando e agora mesmo hai algunhas titulacións que están moi arriba en canto a preferencia, e as notas de entrada son elevadísimas", dixo Manuel Reigosa, o reitor da UVigo.
 

Elevadísimas como o talento das e dos mellores da ABAU, que hoxe celebran estar un pouco máis preto do seu soño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade