Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os anuncios de bonecas só con nenas serán un recordo a partir do próximo Nadal

Os anuncios de bonecas só con nenas serán un recordo a partir do próximo Nadal

O sector do xoguete asina un código de autorregulación para eliminar identificacións sexistas na publicidade

G24.gal 27/04/2022 14:37

Será no próximo Nadal. O 1 de decembro deste ano entrará en vigor o novo código de autorregulación para eliminar referencias sexistas na publicidade de xoguetes. Está asinado por tres partes: o Ministerio de Consumo, a Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes e Autocontrol.

Así, xa no próximo Nadal os españois non deberían ver na televisión anuncios de nova produción con bonecas e bonecos en brazos só de nenas ou só pequenas xogando ás cociñas. A publicidade terá que ser mixta para evitar a asociación exclusiva de xoguetes que reproduzan roles.

O novo código, que substitúe ao último de 2015, refírese a anuncios de nova produción e contén 64 normas deontolóxicas que inclúen a prohibición expresa de utilizar de forma discriminatoria ou vexatoria a imaxe das nenas nos anuncios dirixidos a menores.

O que perseguen, segundo se sinala nalgunhas delas, é promover e fomentar unha imaxe plural, igualitaria e libre de estereotipos dos menores, e para iso prohibirase a caracterización das nenas con connotacións sexuais e evitarase, por exemplo, a asociación de xoguetes co coidado, traballo doméstico ou beleza con elas, e a da acción, actividade física ou tecnoloxía cos nenos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade