Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os aparcadoiros disuasorios teñen cada vez máis usuarios

Os aparcadoiros disuasorios teñen cada vez máis usuarios

Uns dos últimos que entrou en funcionamento está no Morrazo e ten todas as prazas completas acotío

G24.gal 13/05/2024 14:21

Desde primeira hora da mañá un aparcadoiro de Domaio, no Morrazo, énchese de usuarios que estacionan aquí para compartir vehículo nos seus desprazamentos, a maioría aos seus centros de traballo, noutros concellos da contorna. A iniciativa está a ser un éxito e as súas 75 prazas permanecen completas cada día. 

Non é o único do Morrazo, en Moaña hai outro aparcadoiro disuasorio que tamén goza dunha grande acollida. O éxito da medida está nas vantaxes para os condutores que cada día deixan aquí os seus vehículos. 

Este tipo de aparcadoiros son unha solución a zonas con moita mobilidade para reducir o uso do coche privado, clave na loita contra o cambio climático, pero tamén para evitar atascos e reducir custos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade