Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os areais das Rías Baixas énchense nun día perfecto de sol sen avisos por calor

Os areais das Rías Baixas énchense nun día perfecto de sol sen avisos por calor

Cheo nas principais praias e temperaturas por riba dos 30 graos

G24.gal 28/07/2024 21:00 Última actualización 28/07/2024 21:12

Despois dun comezo dubitativo en canto ao tempo, xullo despídese das Rías Baixas con temperaturas altas e sol e deixa unha imaxe dos areais de cheo total. É o caso da praia urbana de Samil.

En todos as praias das Rías Baixas a imaxe está sendo case idéntica, a de paseos ateigados de xente, a area chea de parasois e a auga con moitos bañistas.

Remata a segunda quincena de xullo e son moitos os que aproveitan a boa temperatura que houbo en Vigo. Máis aínda sabendo que este luns, á última hora da tarde, podería chover. 

A costa do sur da provincia quedou fóra do aviso amarelo porque eses 31 graos do domingo son normais cando falamos das máximas nesta época do ano. Altas son as mínimas, 21 graos e subindo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade