Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os armadores vigueses reclaman un protocolo para naufraxios en augas internacionais

Os armadores vigueses reclaman un protocolo para naufraxios en augas internacionais

A Cooperativa de Armadores de Vigo pide que os dispositivos de busca se amplíen tamén aos náufragos desaparecidos aínda que non haxa esperanzas de vida

Entre os socios da Cooperativa de Armadores de Vigo hai embarcacións con bandeiras de 26 países distintos
G24.gal 02/03/2022 13:52

Ademais da toma de declaración dos superviventes do Villa de Pitanxo, un dos primeiros traballos da Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos, que xa está en marcha, é reunir documentación. As súas conclusións serán determinantes para revisar as medidas de seguridade nos pesqueiros.

Segundo os armadores, outra lección para o futuro é que cómpre elaborar un protocolo de actuación e de medios propios para non ter que improvisar cando se produce un accidente marítimo.

Os armadores vigueses exporán esta demanda na vindeira xuntanza da Confederación Española de Pesca. Un dos asuntos que queren engadir nesa futura instrución de resposta rápida é a ampliación das tarefas de busca aos naúfragos desaparecidos, aínda cando xa non haxa esperanzas de atopalos con vida.

Entre os socios da Cooperativa de Armadores de Vigo hai embarcacións con bandeiras de 26 países distintos que, na súa maioría, traballan en altura e grande altura. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade