Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os avogados da quenda de oficio reclaman retribucións dignas

Os avogados da quenda de oficio reclaman retribucións dignas

Están dispostos a seguir mobilizándose para que melloren as condicións do seu traballo, que cualifican de "escravistas".

G24.gal 07/10/2023 12:45 Última actualización 07/10/2023 13:57

Despois da folga que fixeron no mes de xullo, os avogados da quenda de oficio continúan coas súas mobilizacións. Queren que a sociedade coñeza as condicións en que desenvolven un traballo, que é voluntario, e que serve para darlles asistencia xurídica a persoas que non poden pagar do seu peto un avogado.

"Asistes a unha entrada e rexistro un sábado ás dez da noite, rematas ás seis da mañá, o domingo tes que estar ás dez da mañá, rematas ás dúas da tarde. O 1 de maio tes que estar en comisaría... Por todo ese traballo, por todas esas horas, son 20 euros de remuneración. Somos avogados pero non somos escravos".

De media cobran 148 euros por caso, pero non lles aboan nin desprazamentos nin dispoñibilidade nin as gardas. 

"O que nos pagan por cada asunto é ridículo. Nun xuízo verbal chega a 200 euros, que supón facer un escrito xurídico complexo, falar co cliente moitas veces, ir a unha vista".

Din que as cotizacións á Mutualidade da Avogacía déixalles pensións ínfimas. Segundo datos de 2022, en Galicia había 3.000 avogados na quenda de oficio. Pero cada vez danse de baixa máis e os que quedan están saturados de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade