Os baleiros poderían desaparecer do Ulla en quince anos por falta de remuda xeracional
Os baleiros poderían desaparecer do Ulla en quince anos por falta de remuda xeracional
Comeza a campaña no río Ulla con menores capturas das agardadas
O vicepresidente dos naseiros da Confraría de Carril, Xosé Barreiro, xa tiña vendida a primeira lamprea da tempada no río Ulla antes de pescala, a un restaurante de Negreira por 200 euros, como algo excepcional. As seguintes irán, di, como todos os anos, entre os 40 e os 50 euros.
O río, conta, está en perfectas condicións para a lamprea con tanta chuvia no outono e tras dous anos moi secos. Así que a campaña promete aínda que este primeiro día en Pontecesures non pescaron tanto como agardaban os baleiros debido ás boas condicións do río.
Saber do río é só unha das habilidades da profesión de 'baleiro'. De mañá só estiveron oito dos 14 baleiros con licenza na confrarías de Carril e Rianxo. Unha profesión disque en extinción por sacrificada e pouco agradecida.
"Un traballo duro que hai que mamar desde pequeno. Tés que facer tí as túas propias nasas, saber facelas e logo contancia e sacrificio é o que prevalece e logo ser sufrido. Son tres meses e cando hai lamprea é unha axuda pero nós dependemos do mar, da anguía e máis do chopo".
Polo que Xosé teme que os baleiros poidan desaparecer en quince anos.
Agardando que o agoiro non se confirme, este ano temos ata o 18 de abril para comer lamprea como a preparan no Ulla.