Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acceso limitado ás tumbas no cemiterio de San Xulián provoca queixas en Pontecesures

O acceso limitado ás tumbas no cemiterio de San Xulián provoca queixas en Pontecesures

Unha veciña denuncia que a entrada ao panteón da súa familia quedou bloqueada

Di que a hai tantos sepulcros que non quedan camiños de paso e que isto causa situacións complicadas

G24.gal 19/12/2022 13:55

As sepulturas do cemiterio de San Xulián, en Pontecesures, están tan pegadas que o único xeito de chegar a a elas é pasando por riba doutras tumbas. "Non se pode transitar porque non hai camiños. É tumba sobre tumba, sobre tumba, A situación está difícil", di María Teresa Piñeiro, unha veciña afectada.

O panteón da familia de María Teresa quedou bloqueado. Leva anos denunciando a situación, dixéronlle que o ían solucionar, pero pasa o tempo, e todo segue igual.

"Quedei sen acceso nun panteón que ten tres tumbas arriba e dúas abaixo, de soto. Agora só se pode acceder a unha delas. Como dicía o enterrador, dándolle un pouco a volta á caixa, algo que está prohibido, pódese enterrar no de arriba".

Con todo, asegura que o que máis lle afectou foi ver como hai uns días caía un cadaleito polo difícil que era chegar á tumba. "Nun enterro dun familiar meu esvarou a caixa, deu a volta e abriuse... Iso para min foi un impacto. Asustámonos moito, berramos. Pareceume terrible, que non podía ser".

Pide que se poña orde no cemiterio para que evitar que se repitan situacións coma esta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar