Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bancos de alimentos fan un chamamento á solidariedade

Os bancos de alimentos fan un chamamento á solidariedade

Na campaña da gran recollida esperan recadar 860.000 quilos en Galicia

Arredor de 63.000 persoas reciben a axuda dos bancos de alimentos galegos

 

G24.gal 26/11/2022 20:11 Última actualización 26/11/2022 20:31

Son días moi importantes para os bancos de alimentos. Coas doazóns desta campaña agardan cubrir a demanda crecente que prevén para os próximos meses.

“Estase incrementando ese perfil dos traballadores empobrecidos, que non chegan a fin de mes, que teñen un salario precario e que necesitan axuda”, explica  Iván Martínez, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Pontevedra.

Entre todos os bancos de alimentos de Galicia esperan recoller arredor de 860.000 quilos de produtos non perecedoiros.

“É dicir, arroz, leite, a xente sempre pregunta que poden doar, e sempre traen leite, comida infantil”, di a voluntaria Eva Paz.

“Os que poidamos debemos colaborar. O traballo que fan os voluntarios é moi importante”.

“Eu por sorte podo vivir ben e teño que facer a miña achega para a xente que o necesita”.

Os bancos de alimentos fan unha chamada á solidariedade, porque comer, tal como di o lema da campaña, non pode ser un luxo.

“Non podemos ter persoas que non poden comer. Non podemos permitilo. Hai que loitar contra iso, comer non pode ser un luxo”, di Iván Martínez, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Pontevedra.

Os bancos de alimentos atenden actualmente en Galicia arredor de 63.000 persoas que necesitan axuda para poder comer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade