Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os beneficios de BBVA, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Os beneficios de BBVA, por Venancio Salcines

G24.gal 02/02/2023 07:57

A vicepresidenta Yolanda Díaz ten unha obsesión moi propia das economías comunistas, topar os prezos. A realidade é que detrás da súa presenza, amable nas formas e no aspecto, escóndese un discurso antigo e derrotado pola teoría económica. Os prezos máximos reducen a oferta, ninguén vende a perdidas, e desvían os recursos, neste caso o aforro, para aqueles produtos que flutúan ceibes no mercado.

Díaz escandalizase cos beneficios de BBVA, e está ben que os resultados empresariais xeren sentimentos nos membros do goberno, pero para que fosen fillos da coherencia, estes deberían producirse sempre, non só en determinados momentos. Detrás de BBVA, como da maioría das empresas, existen milleiros e milleiros de accionistas e se es o tipo de político que cando os resultados lle dan as costas á empresa, e a acción se afunde, provocando unha potencial perda de solvencia económica, calas e miras para outro lado, o lóxico é que fagas o mesmo cando os beneficios empezan a emerxer.

En todo caso, aquí a vicepresidenta foi de novo impetuosa. Por que? Esqueceuse de que BBVA falaba dos seus beneficios globais, en que, por certo, practicamente a metade, proveñen da súa filial de México. De feito, dos 6.400 millóns de beneficio, 4.200 achégaos México e 500 Turquía.

En todo caso, se a vicepresidenta quere insistir nos prezos máximos teno sinxelo, que acuda ao Instituto de Crédito Oficial e que esta banca publica xere un produto hipotecario topado. Seguro que a banca estará encantada, a cambio dunha comisión, de comercializalo.

Pero antes de xogar a banqueira que tome un café con Zapatero e fale daquela morea de diñeiro que deixou, practicamente sen mirar a quen, e sen pasar as análises de riscos da banca, nos anos complexos da crise financeira, e de paso que lle pregunte cantos cartos perdeu o Estado e de canto foi a mora. Algúns datos aínda os recordo, pero o que non esquezo é como dun día para outro desapareceu ese programa, nun silencio mediático asombroso. A orde era clara, que ninguén falase do custo dese experimento de banca publica.

Se pensamos que a banca española ten prezos altos, neste caso, xuros, o mecanismo é moi sinxelo, loitemos a favor da competencia bancaria. Fortalezamos a existencia de máis entidades, de máis competidores e entre estes, os neobancos, as fintech. Dito isto, que sempre o verei axeitado, é bo dicir que se facemos unha comparanza internacional, en España podemos presumir dun dos mellores sistemas crediticios do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade