Cargando resultados...
Os bombeiros da Coruña forman os escolares en autoprotección
Aprenderon tamén a utilizar os extintores
G24.gal
05/11/2021 14:47
Os escolares de quinto de primaria aprenden ben de preto como traballan os bombeiros. Eles son quen lles ensinan como actuar no caso de incendio.
Aprenderon tamén a utilizar os extintores. Como tamén lles gustaron aos escolares as súas prácticas, coas que reforzaron os coñecementos aprendidos previamente.
Porén no que máis gozaron foi na casa de fume. Os bombeiros seguirán toda a fin de semana na praza de María Pita, para seguir aprendéndolles a pequenos e maiores.