Os bombeiros da Coruña rescatan unha bebé que quedou atrapada nun coche
Os bombeiros da Coruña rescatan unha bebé que quedou atrapada nun coche
A nai e a avoa estaban fóra do turismo que se pechou coas chaves postas e a nena de sete meses dentro
As mulleres non eran quen de abrir as portas, polo que avisaron a Emerxencias
Todo quedou por fortuna nun susto no barrio de Monte Alto na Coruña. Tan só 48 horas despois do tráxico suceso do Porriño, os bombeiros da Coruña acudiron ata a rúa Santo Tomás ante o aviso para rescatar unha pequena que quedou atrapada dentro do vehículo da súa nai.
Efectivos do parque da Grela din que a muller e a avoa da bebé estaban no exterior do vehículo e non eran quen de abrir as portas. O turismo estaba á sombra polo que non existía grave perigo para a pequena.
Catro bombeiros en dous vehículos chegaron ata o lugar con prontitude para proceder ao rescate da nena de sete meses.
"Utilizamos técnicas de apertura sen causar danos no vehículo. A nena estaba en perfectas condicións de saúde", indican e só había os lóxicos nervios da proxenitora e da avoa, sinalan.