Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os camións adoitan quedar encaixados entre as casas na Somoza, en Antas

Os camións adoitan quedar encaixados entre as casas na Somoza, en Antas

Os veciños demandan unha ruta alternativa para o tráfico pesado

Levan anos denunciando esta situación e sen resposta por parte do Concello

Félix Aragunde 04/11/2022 14:07

Os camións articulados apenas conseguen pasar polo medio da Somoza, en Antas de Ulla, e moitos mesmo quedan atrancados entre as casas. Tanto é así, que as vivendas adoitan sufrir danos nas esquinas e nos tellados, coas conseguintes molestias para os veciños, que mesmo temen pola súa propia integridade física.

Unha veciña: "Hai poucos días quedou un encaixado e puxeron a xente toda nerviosa. Calquera día afúndese, que pasa un regato por baixo, e envorca un camión contra unha casa, tombando paredes e todo". 

Os afectados levan anos denunciando esta situación, ante a Garda Civil e mais con escritos dirixidos ao Concello de Antas de Ulla. Para que os camións deixen de pasar continuamente entre as súas casas, tanto eles coma os propios camioneiros demandan que se habilite unha ruta alternativa para o tráfico pesado.

Un camioneiro: "Deberían habilitar outro lugar, pero nós temos que ir por onde nos mandan e por onde hai sitio".

Outra residente: "O escrito enviouse por rexistro e non recibimos ningunha contestación e ningunha intención por parte da alcaldía de comunicarse cos veciños".

Mentres o problema non se soluciona, os residentes na Somoza seguen a vivir baixo a constante ameaza dos camións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade