Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os centros de día para maiores buscan facilitar o envellecemento na casa

Os centros de día para maiores buscan facilitar o envellecemento na casa

A Asociación de Centros de Día Privados celebra o seu primeiro congreso en Santiago

G24.gal 21/11/2021 11:29

Un de cada catro galegos ten máis de 65 anos e a proporción vai en aumento. Medra tamén o número de persoas maiores que viven soas.

Ante esta realidade, os centros de día e os servizos asistenciais buscan dar resposta as necesidades dunha poboación que na súa maioría quere envellecer na casa.

Os centros de día privados de Galicia celebran o seu primeiro congreso en Santiago, un encontro no que abordan os retos da atención aos maiores nun momento, marcado polas incertezas da pandemia. 

Os xeriatras e xerontólogos  avogan por mellorar a comunicación entre estes centros e o médico de atención primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar