Os clientes de Bankia non poderán operar coas súas contas esta fin de semana
Os clientes de Bankia non poderán operar coas súas contas esta fin de semana
A partir do luns pasarán a ser de Caixabank
As dúas entidades iniciaron o proceso de integración tecnolóxica tras a fusión
Os clientes de Bankia pasarán a ser de Caixabank esta fin de semana. As dúas entidades iniciaron esta tarde o proceso de integración tecnolóxia tras a súa fusión, o que significa o transvasamento dos datos de máis de sete millóns de usuarios.
A operación provocará algunhas incidencias para os clientes de Bankia, que ata o domingo pola noite non poderán facer operacións a través da banca dixital, nin na web nin na app. Tampouco poderán facer transferencias nin enviar ou recibir diñeiro a través de Bizum.
Caixabank asegura que o luns o sistema estará actualizado, e os clientes de Bankia pasarán a ser de Caixabank e operarán con normalidade dentro da entidade. Ata daquela, o que si que poden é sacar cartos do caixeiro coa tarxeta de Bankia, pero a operación non quedará reflectida nos movementos.
A policía advirte de que os ciberdelincuentes están facendo envíos masivos de mensaxes aos clientes de Bankia e de Caixabank solicitándolles información, coa intención de roubarlles os datos bancarios.