Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os clientes de hoteis reclaman un servizo de wifi estable e rápido

Os clientes de hoteis reclaman un servizo de wifi estable e rápido

Un mal funcionamento da wifi lastra a puntuación global do establecemento

A metade dos hoteis de España teñen unha nota wifi menor que a súa valoración global

G24.gal 19/01/2024 14:14

Que un hotel teña unha cama cómoda ou un almorzo completo está xa case á par que esixir unha boa wifi. Os clientes cada vez reclaman máis un servizo estable de Internet e que funcione mal lastra a puntuación global dos hoteis, segundo un recente estudo.

Unha boa wifi é un dos servizos básicos que reclama o cliente dun hotel. De feito un mal funcionamento da wifi impacta de xeito negativo na valoración que os clientes fan dos hoteis lastrando a puntuación final, segundo o estudo dunha empresa de telecomunicacións.

Conscientes disto, os establecementos hoteleiros cada vez invisten máis. Atopamos que segue priorizando o de sempre á wifi. A metade dos hoteis de España teñen unha nota wifi menor que a súa valoración global.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade