Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os coidados dos animais de compañía, unha actividade económica en alza

Os coidados dos animais de compañía, unha actividade económica en alza

Accesorios, servizos de peiteado, estética ou cosmética gañan máis peso no desembolso económico dun animal de compañía

Malia todo, a saúde e sobre todo a alimentación continúan a ser o principal gasto

G24.gal 16/10/2023 21:24 Última actualización 16/10/2023 22:17

Poder saír a pasear combinando a roupa coa da nosa mascota é un dos múltiples servizos que ofrece este centro veterinario da cidade da Coruña. Aquí constatan o tirón actual dos animais de compañía.

"A xente cada vez é máis influencer porque cada vez máis gusta de sacar unha foto co seu animal, subila ou publicala. É verdade que tamén cada vez hai máis nomes de contas de Instagram ou perfís de Facebook co nome do can ou do gato", comenta Samuel Ramos, veterinario do Centro Hércules.

Nestoutra tenda están a idear un proxecto para a práctica de surf con cans. Polo de agora contan nas súas instalacións no centro da cidade cun hotel felino.

"A verdade é que é algo que está a funcionar bastante ben. Nós enviamos vídeos diariamente, se está ben o gatiño, se come ou non, xogamos e dámoslles tres comidas ao día", explica Yessihe Velasco, dona de Surfer Pets. 

Accesorios, servizos de peiteado, estética ou cosmética gañan cada vez máis peso no desembolso que realiza quen ten un animal de compañía. Malia todo, a saúde e sobre todo a alimentación continúan a ser o principal gasto.

Yessihe Velasco asegura: "Hai moita xente que vén buscando unha alimentación libre de cereais porque se está a ver que lles provocan problemas dixestivos ou urticarias ou dermatite". 

"Sempre é  importante preguntar ao teu veterinario de confianza que alimentación é mellor segundo o tipo de raza, a idade, etc., pero si que é certo que cada vez hai máis pensos de fabricación máis natural", engade o veterinario Samuel Ramos.   

O mercado do coidado das mascotas está en expansión. Calcúlase que en España xa move máis de 4.000 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade