Cargando resultados...
Os colexios galegos dixitalízanse con aulas móbiles de informática
Os colexios galegos dixitalízanse con aulas móbiles de informática
Todos os centros contarán con pantallas dixitais e polos de creatividade
G24.gal
04/09/2023 14:44
Os colexios galegos prepáranse para o inicio de curso. A Xunta aposta por estender a todos os colexios galegos as últimas tecnoloxías para garantir a formación dixital do alumnado.
Das paredes do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo desapareceron xa os encerados tradicionais. Contan coas novas pantallas dixitais e tamén coas aulas móbiles de informática, carros de carga con portátiles para que os poidan empregar o alumnado na clase.
Este foi un dos 200 onde se testaron os polos de creatividade, puntos dotados con mesas de corte, impresoras 3D e outras tecnoloxías. Nos tres proxectos, a Xunta vai investir 84 millóns de euros para pór en marcha novas estratexias de aprendizaxe.