Monterroso, Taboada e Xermade piden que se limite o uso da auga da traída
Monterroso, Taboada e Xermade piden que se limite o uso da auga da traída
En Ribadavia séguese mantendo polo momento a suministración as 24 horas
O caudal tan baixo do río Ulla dificulta captar a auga en Monterroso.
“Eu nacín aquí e o río Ulla non o recordo así na vida. Esto é unha pena todo”, di un veciño do lugar.
A situación é semellante en Taboada.
“Eu levo aquí en Taboada 56 anos e nunca tal cousa”, di unha veciña.
E tamén en Xermade.
“Teñen vido anos así pero tanto tempo se chover, non”
É o panorama da seca que afecta ao centro e ao sur da provincia de Lugo, unha situación que obrigou os concellos a pedir que se limite o uso da auga da traída.
“Que non se regue, que non se laven os coches e se reguen os xardíns, que non se desperdicie a auga", explica Luis Mariño, tenente de alcalde de Monterroso.
En Taboada, o concello emitiu un bando para pedir tamén un uso responsable.
“O consumo a raíz deste bando decreceu un pouco, pero seguimos aconsellando que se use a auga racionalmente, que non se empregue para regar nin para encher piscinas ou lavar coches”, asegura Ramiro Moure, alcalde de Taboada.
Noutros concellos, como Guntín, Pantón e Xermade, adoptaron medidas semellantes.
“Hai que ter moito coidado, non se pode malgastar a auga”, di unha veciña.
“Para o que é Galicia vai todo moi seco, e a verdade é que estamos preocupados porque vivimos do rural e para nós aínda compramos auga e pechamos a billa, pero os animais teñen que beber todos os días e a demanda”, di outra veciña de Xermade.
En Ribadavia, na provincia de Ourense, polo momento séguese mantendo a subministración as 24 horas. Aínda así, o Concello continúa abastecendo os depósitos de auga instalados na vila para uso doméstico.