Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concellos galegos polos que pasa a AP-9 poderán cobrarlle o 100 % do IBI a Audasa

Os concellos galegos polos que pasa a AP-9 poderán cobrarlle o 100 % do IBI a Audasa

Antes desta novidade, os concellos beneficiábanse só do 5 % do imposto

G24.gal 24/01/2024 21:03

A autoestrada do Atlántico pasa por un total de 38 concellos galegos. A partir deste exercicio, poderán cobrarlle o 100 % do Imposto sobre Bens Inmobles a Audasa.

Ata agora cobrábanlle só o 5 % do imposto grazas a unha lei do ano 1972 a que se acollía a concesionaria. O único necesario será que os concellos corrixan a cantidade dos novos recibos. Cada concello cobrará a taxa en función dos quilómetros de autoestrada que pasen polo seu territorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade