Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada vez son máis os establecementos que venden a baixo prezo a comida sobrante antes de tirala

Cada vez son máis os establecementos que venden a baixo prezo a comida sobrante antes de tirala

Adoitan facer paquetes sorpresa que venden a través dunha aplicación do móbil

Froiterías, peixerías, supermercados, pero sobre todo cafeterías e restaurantes, son usuarios destas aplicacións

G24.gal 03/07/2024 21:04

É sabido que non toda a comida que hai na cociña ou se amosa nunha vitrina é consumida durante o día. Antes, o habitual era tirala ao lixo, pero dende hai un tempo imponse o aproveitamento das sobras. "Antes, o habitual era tirar ao lixo o produto que che sobraba, pero agora facemos paquetes coas sobras e vendémolos a menor prezo", di Diego Campos, barista de Los Girasoles, unha cafetería que ofrece almorzos e merendas.

O intercambio é máis sinxelo grazas ás aplicacións dos móbiles. A que máis usuarios ten é Too Good to Go, que significa algo así como demasiado bo para tiralo. E pon en contacto os establecementos cos clientes. A oferta dispoñible vai en función do produto sobrante. O certo é que o prezo é moito máis económico. "Ao final do día, co que nos sobra facemos paquetes que custan uns catro euros con produtos que no menú teñen un prezo de doce euros", comenta Gabriel Teixeira, camareiro da cafetería El Trigal, de Vigo.

Froiterías, peixerías, supermercados e, sobre todo, restaurantes e cafeterías están inscritos na aplicación. A única condición é que o produto estea en bo estado. Os paquetes son unha sorpresa. "O cliente non sabe o que hai, só o prezo, porque o contido depende do que nos sobra ao final do día", apuntan tanto Diego como Gabriel.

Gaña o comerciante, que non perde todo o que pagou polo produto; gaña o cliente, que adquire comida a menos prezo, e gañamos todos, xa que se reducen moitas toneladas de residuos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar