Os controis na fronteira galega con Portugal pola visita do papa comezan sen atascos
Os controis na fronteira galega con Portugal pola visita do papa comezan sen atascos
A GNR vixía 9 pasos fronteiros entre Portugal e Galicia onde os condutores teñen que identificarse
O dispositivo de seguridade estará activo ata o sete de agosto e non causou retencións de importancia
Portugal blíndase ante a chegada de milleiros de persoas de todo o mundo. O dispositivo de seguridade mobiliza 15.000 axentes e militares no país.
A Garda Nacional Republicana vixía todos os accesos ao país, en total 21 fronteiras, delas 9 con Galicia. A de Calvos de Randín, Chaves, Salvaterra, Arbo e Valença son algunhas delas. Polo momento os controis son intermitentes e non interferiron no tráfico.
Milleiros de galegos turistas e traballadores que cruzan a raia a diario teñen a obriga de identificarse para entrar en Portugal. Os controis intensificáranse nos próximos días, o que podería provocar retencións.
Será a segunda visita do papa a Portugal desde 2017, o pontífice chegará a Lisboa o 2 de agosto para participar na Xornada Mundial da Xuventude e o 6 regresará a Roma logo de visitar o santuario de Fátima.