Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os custos de produción do leite subiron un 11 %, cun impacto de 4 céntimos por litro

Os custos de produción do leite subiron un 11 %, cun impacto de 4 céntimos por litro

Un informe da Xunta constata que os gandeiros de vacún venden a perdas

Medio Rural pide un acordo nacional para subir prezos cunha prima de emerxencia de 4 céntimos

As organizacións agrarias piden sancións para as industrias que non cumplen a Lei da cadea alimentaria

G24.gal 18/02/2022 14:56

Se algo deixa claro o informe é que as contas non dan nas granxas de leite. No último ano o custo da enerxía duplicouse, pero tamén subiu o penso, a forraxe e a cebada. De xeito que producir un litro de leite custa agora 40 céntimos, 4 máis ca en 2020.

"O prezo de venda non cobre os custos de produción, a situación é de venda a perdas xeneralizada, a media de perdas é do 2.3 % no ano 2021" advirte José González, conselleiro do Medio Rural.

O estudo, que recolle datos de 122 ganderías, constata unha venda a perdas insostible para o sector e ilegal, segundo a Lei da cadea alimentaria. De novo, Medio Rural propón un acordo nacional para subir os prezos, cunha prima de emerxencia de 4 céntimos, durante 2022. Os sindicatos, pola súa banda, piden sancións para as industrias que non cumplen a lei.

"Hai a sensación de que a industria deste país ten dereito de pernada para incumprir a lei sen sancións, iso é o que hai que parar dunha vez", explica Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias.

Advirten de que a combinación de altos custos e baixos prezos pon en perigo o futuro das granxas de leite, e tamén as de carne, onde, din, a situación é aínda peor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade