Cargando resultados...
Un supermercado Lidl en Santiago elimina unha oferta de leite tras a protesta de UUAA
Un supermercado Lidl en Santiago elimina unha oferta de leite tras a protesta de UUAA
O sindicato denuncia que o prezo do litro a 73 céntimos castiga os produtores
G24.gal
24/06/2024 14:35
Un supermercado da multinacional Lidl en Santiago retirou unha oferta de leite a 0,73 euros tras a protesta de Unións Agrarias. O sindicato denuncia que a cadea alemá utiliza o leite como produto reclamo, o que obrigaría o produtor a traballar a perdas.
"Unha práctica erradicada na gran distribución nestes últimos meses e que novamente se puxo en práctica agora. Non imos permitir baixo ningún concepto que se volva utilizar o leite como produto reclamo. Estamos completamente seguros de que unha distribución foránea no seu país non utiliza nin vai utilizar estas prácticas xamais", asegura o secretario de Accións Sindical de UUAA, Félix Porto.