Os delitos de tráfico medraron despois da pandemia ata cifras nunca vistas
No 2022 superáronse por vez primeira as 100.000 condenas, un 30 % máis ca en 2019
Conducir baixo os efectos do alcohol é o delito máis frecuente
A Fiscalía dá a voz de alarma, desde que recuperamos a normalidade a delincuencia ao volante non fixo máis que medrar.
"Co regreso á normalidade parece que esquecemos a concienciación en materia de seguridade viaria que tiñamos aprendida de anos atrás", explica Luis del Río, fiscal xefe de Seguridade Viaria.
O 2022 bateu marcas en infraccións e condenas. Foron máis de 104.000, un 30 % máis ca antes da pandemia e a cifra máis alta en 15 anos.
"Ao saír da pandemia a xuventude saíu a comer o mundo, si".
"Os que ían delinquir vano facer antes ou despois da COVID-19".
"A xente bebe e non respecta nada".
"Cren que a vía é deles, corren coma tolos".
"Hai mozos, pero tamén moitos vellos que beben ao volante", comentan algúns condutores.
Conducir baixo os efectos das drogas ou do alcol é o delito máis frecuente, seguido do de conducir sen un carné válido. Resolver as cuestións de tráfico concentra boa parte da actividade da Xustiza.
"Supoñen un 42 % dos xuízos rápidos que se celebran en España", concreta o fiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz.
Para reducir xuízos, condenas e traxedias, na Fiscalía piden precaución e responsabilidade aos que relaxaron o cumprimento das normas despois da pandemia.