Cargando resultados...
Os deseños incónicos dos 40 anos de Verino preceden a Semana da Moda de Madrid
Os deseños incónicos dos 40 anos de Verino preceden a Semana da Moda de Madrid
A colección tamén é unha homenaxe á súa filla, finada hai uns meses
G24.gal
13/09/2022 21:31
A Semana da Moda de Madrid comeza fóra das pasarelas co evento OFF, dedicada ao deseño nacional, que avanzan as coleccións de firmas consagradas, entre elas, Roberto Verino.
O galego presentou esta tarde a homenaxe aos 40 anos da marca co título 'Estilo Verino'. Nela rende tributo á filla, finada hai uns meses, nunha colección que recolle todos os seus modelos icónicos, actualizados, con pezas de punto, traxes masculinos e básicos revisitados.