Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os drons de vixilancia conseguen detectar incendiarios coas cámaras térmicas

Os drons de vixilancia conseguen detectar incendiarios coas cámaras térmicas

Permiten a supervisión do terreo en tempo real, valorar o avance do lume e onde pode darse unha reactivación dos focos

Os novos equipos poden incorporar sistemas de detección de sinais de radio para localizar calquera dispositivo móbil no monte

Garda forestal traballando cun dron nun incendio
G24.gal 22/10/2022 14:11 Última actualización 22/10/2022 14:47

O uso de drons para o seguimento dos lumes forestais e a detección de posibles incendiarios nos montes é cada vez máis habitual. As forzas de seguridade incorporan cada ano novos dispositivos ás tarefas de vixilancia que permiten mellorar as tarefas das brigadas mentres o lume avanza.

Desde 2010 as forzas de seguridade fórmanse no manexo de drons, como pilotos especialistas en busca e rescate e tamén para outros usos máis orientados á organización de equipos sobre o terreo ou á investigación, como é o caso dun dispositivo de extinción de incendios.

"O despregamento é moi rápido. En cinco minutos podes ter este equipo no aire. É un equipo que voa ata 50 quilómetros por hora de forma lineal esteas á altura que esteas moi rápido. Entón obtés información en tempo real da zona. Podes optimizar o desprazamento das brigadas para que non vaian a sitios que non van ser útiles ou estar dándolle apoio a unha brigada que a está rodeando o lume", explica Borja Blanco, director técnico e de I+D de Aerocámaras.

O dron ofrece unha redución de tempo importante na intervención porque permite identificar os focos rapidamente e medir as temperaturas para prever a reactivación do lume. Ademais, coa cámara térmica pode chegar a localizar un posible incendiario no caso de que siga no monte.

"Se, por exemplo, estamos buscando unha persoa podemos axustar un rango de temperatura entre 15 e 30 graos e só veremos na pantalla esas manchas térmicas, que adoitan ser persoas ou animais. A maioría das veces se hai unha denuncia cidadá ou un incendiario que pon de maneira consecutiva varios focos, estas ferramentas poden axudar a facer ese seguimento facilmente. Xa che digo, podemos detectar animais de pequeno tamaño, como coellos", detalla.

Os novos equipos profesionais poden incorporar sistemas de detección de sinais de radio co que localizan calquera dispositivo móbil que leve a persoa que buscan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade